Acerca de

O concurso e aula de ficción sonora “Ouvea o lobo” en Aulas Galegas, é unha iniciativa altruísta de artistas e promotores culturais galegos para promocionar a escritura e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero.

Escoita a algúns d@s lob@s….

…O ano 1866 estuvo marcado sobre os mares por una serie de fénomenos inexplicables…Un animal submarino…

Alejandro: Soledad. Cando e por que empezaches a contar historias?

Soledad: Cando morreu meu pai, os libros, as historias sanaron meu corazón. Fuxía da tristura coas aventuras que me agasallaban os libros. Por iso ahora conto, para facer viaxar aos demáis….

20.000 leguas baixo dos mares (Julio Verne) – Soledad Felloza
...Cal é o teu nome ?...Frida, é o teu?...Caronte
....
Ten personalidade
....
As veces un ten que conformarse co que ten
Bo consello mais tí non eres precisamente das co cumpren
....

Alejandro: Lino. Cando empezaches a escribir?

Lino: Todo empezou como agora. Tiven que estar 16 meses nunha cama debido a unha pneumonía brutal. Era un neno. E aprendín a distraerme só. Debuxaba, lía contos, poemas sinxelos e así pasaban os días. Ata que eu mesmo empecei a escribir adiviñas, refráns e poemas sobre os contos que lía. E ata agora. Sigo facendo o mesmo: debuxar e escribir. E facer teatro e dobraxe. Non podo parar….

Texto L.Braxe – M.Varela /L.Braxe

Recoñecemento de Harold Godwinson

Unha noite de cinza caíu sobor da terra,
as lanternas andaban soas por entre os mortos 
e nas feridas do máis ferido de todos
Edith Swanehals poñía a luz violeta dos seus ollos
por se aquel era Harold fillo de Godwin
que ela amara tanto.
....
Alvaro Cunqueiro (1991)

Alejandro: Quico. Como naceu a túa paixón pola literatura?

Quico: De neno, en Ribeira, tiven un profesor que era entusiasta da literatura barroca e dos castigos físicos. Por sorte, nunca relacionei as duas cousas e grazas á literatura e ao cómic sei que hai alternativa á violencia. Para iso me adico ao teatro e ao conto. Para iso e para gañar a vida.

Recoñecemento de Harold Godwinson -gravado no móvil para os amigos – Quico Cadaval

Aprezo esa cousa que che brilla entre os labios, esa desconxunción dos osos… … Atrapada na silveiras como Dafne da pedra… … Lambes as tuas cicatrices de mica.. …

Alejandro: Emma, Cando e por que empezaches a escribir?

Emma: Digo nun verso que “eu só sei escribir –e matar- a man e a máquina” . Tamén digo moito que non lembro cando comecei a escribir porque de sempre podo lembrame enchendo cadernos. Non me gustaba ler, son unha lectora tardía pero, cousa rara, atrapábame feliz dentro das miñas historias.É difícil e bastante terrible escribir sen referentes, nunca volvería facelo, por iso leo tanto e trato de aprender máis aínda de todas as voces que escoito e que atopo na lectura…

Antítese da casa Emma Pedreira / Producción: Carlos Lorenzo