Hoxe iníciase a 1ª Edición do concurso de narración sonora Ouvea o Lobo desde Aulas Galegas…Auuuu…

Escolle unha ilustración ou varias de Santy Gutiérrez ou de Lino Braxe que van formar parte do teu relato. Como verás as temáticas son moi diferentes.

Esperamos que sobre todo disfrutes da experiencia, e que a túa composición sexa unha das locutadas.

Ánimo Lobiñ@…… Estamos a esperar con ansia poder ler o teu relato. ( @s lo@as)

Nota: As ilustracións do concurso son propiedade do autor Santy Gutiérrez ou Lino Braxe e foron cedidas para este concurso polo que non poderán ser utilizadas con outro propósito que a propia construción do teu relato.