
Primeiro filtro: Unha vez recompilados todos os textos, enviarase ao comité de avaliación para unha primeira valoración.
Valoración popular: Unha vez validados os textos publicaranse unha selección dos mesmos en aulasgalegas.org para que os lectores poidan puntuar e valorar os textos durante unha semana.
Selección final: Posteriormente, o comité de avaliación, escollerá un máximo de 4 textos para ser sonorizados e convertidos en podcast. Dita sonorización pode implicar unha modificación parcial do texto orixinal.
Publicación: Finalmente publicaranse en aulasgalegas.org e nas redes os podcast dos textos sonorizados.
