
A obra de Luís Seoane é vasta, innovadora e diversificada. Percorreu todos os medios audiovisuais e artes do seu tempo ata se converter nun dos grandes intelectuais da cultura galega e española do século XX.
Nos tempos actuais, a súa universalidade e exploración das distintas manifestacións artísticas para a creación dunha identidade cultural propia e renovada, poñen de máxima actualidade tanto a súa obra como o seu pensamento.

Festival Internacional de Outono de Teatro
Dende hai case 30 anos o FIOT amosa en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadores e creadoras emerxentes.
Pola súa traxectoria, calidade da programación, variade das propostas, e capacidade de xerar reflexión e diálogo sobre o mundo e a realidade na que vivimos, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e un punto de encontro internacional atlántico.

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral. Unha das grandes citas da palabra que achega a Galicia contadores e contadoras de historias do universo Atlántico, inundando as catro provincias cun mar de contos.